Saltar navegación

4.6. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Tras moito esforzo, completamos a fase 4 e conseguimos o noso obxectivo. Creamos un horto, aprendemos a coidalo e compartimos coñecementos co resto do alumnado. Foi unha experiencia que implicou superar retos, colaborar en equipo e empregar ferramentas e habilidades para acadar o resultado final. Ademais de sentirnos satisfeitas e satisfeitos polo traballo realizado, todo o aprendido durante este proceso será de grande utilidade para afrontar situacións semellantes no futuro.

Agora é o momento de reflexionar e anotar no teu diario como viviches este proceso.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Completamos a fase 4 e conseguimos o noso reto.

Creamos un horto e aprendemos a coidalo.

Compartimos coñecementos.

Superamos retos, traballamos en equipo e empregamos ferramentas.

Todo o aprendido seranos moi útil para o futuro.

Agora debes anotar no teu diario todo o proceso.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)