Saltar navegación

3.1. Primeiros pasos

Comezamos

Pictograma dunha man facendo bocetosAntes de poñerte mans á obra co noso reto, é fundamental que te informes e investigues sobre os distintos elementos que debe ter un horto. 

Coñecerás plantas autóctonas galegas e cando é o mellor momento de cultivalas, investigarás como se relacionan, descubrirás como se alimentan e, finalmente, coñecerás como se reproducen. Todo iso será de moita axuda para a planificación e deseño do noso horto.

Aprenderás sobre as funcións vitais das plantas: relación, nutrición e reprodución.



Lectura facilitada

Para facer o noso horto, primeiro tes que aprender varias cousas:

  • Que plantas de Galicia podes plantar e cando é o mellor momento.
  • Como se comunican as plantas e como se relacionan entre elas.
  • De que se alimentan as plantas.
  • Como nacen novas plantas.

Todo isto axudarache a pensar e a deseñar o teu propio horto.

Aprenderás sobre as tres funcións máis importantes das plantas:

  1. Relación
  2. Nutrición
  3. Reprodución.

 
 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)