A organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A actividade física
2.6 Posturas do corpo
Moitas veces, na vida cotiá, pomos o noso corpo en posturas que, malia semellaren máis cómodas, poden prexudicarnos e mesmo chegar a producir malformacións óseas.
Os músculos teñen que loitar contra o peso do propio corpo; o exercicio físico fortalece a musculatura e axuda a manter o equilibrio. Vexamos graficamente algunhas posturas correctas e incorrectas.

Tamén no traballo hai que adoptar posturas correctas:

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0