2.4.1 Definición e clasificación
Saúde
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a saúde defínese como o estado de completo benestar físico, mental e social, e non só como a ausencia de doenzas.
Doenza
É unha alteración orgánica ou funcional continuada no funcionamento do organismo, que afecta negativamente o estado de benestar dunha persoa. Atendendo ás causas xerais que orixinan as doenzas, estas se clasifican en:
- Infecciosas: son as ocasionadas por un axente patóxeno, un microorganismo, que entra e se multiplica no interior do organismo e que pode transmitirse dunha persoa a outra e estender a doenza.
- Non infecciosas: son aquelas que non son provocadas directamente por un microorganismo, senón por calquera outro axente ou alteración. Na nosa sociedade, as máis importantes, tanto polo número de persoas afectadas por elas como pola mortalidade que ocasionan, son o cancro, as doenzas cardiovasculares e os traumatismos por accidentes de tráfico, laborais etc.
Actividade resolta
Procure o significado das seguintes doenzas: cancro e doenzas cardiovasculares.
|
Solución |
|
Actividade proposta
S13. Indique a que tipo (infecciosa, hereditaria, ambiental, mental, por traumatismo ou dexenerativa) pertencen as doenzas seguintes: gripe, hemofilia, insolación, estrés, psicose, rotura da tibia, daltonismo, inhalación de CO2, tuberculose, Alzheimer.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0