Saltar navegación

2.3.2 Clasificación dos alimentos

Segundo a función que desempeñan os alimentos no organismo distinguimos tres grupos:

  • Enerxéticos: teñen como función proporcionarlle enerxía ao organismo. Conteñen glícidos e lípidos. Corresponden aos grupos I e II da roda de alimentos. Son alimentos enerxéticos os azucres, os cereais, as patacas, a graxas e os aceites
  • Plásticos: teñen como función a formación de novos tecidos. Achegan proteínas, ferro, calcio e vitaminas A, D e B. Corresponden aos grupos III e IV da roda de alimentos. Son alimentos plásticos as carnes, os peixes, os ovos, os legumes, os froitos secos, e os lácteos e derivados.
  • Reguladores: teñen como función regular o metabolismo. Conteñen sales minerais e vitaminas como a A e a C. Son alimentos reguladores as verduras, hortalizas e froitas. Corresponden aos grupos V e VI da roda de alimentos.

Roda de alimentos

É unha gráfica creada polos especialistas en nutrición que clasifica os alimentos en seis grupos tendo en conta os nutrientes que conteñen. Cada grupo ocupa unha superficie proporcional a súa importancia na dieta (segundo isto o grupo máis importante é o I). No mesmo grupo os alimentos teñen distinto tamaño, os de tamaño máis pequeno deben consumirse só esporadicamente, como por exemplo a bolaría, os embutidos, os queixos.... A roda, ademais, lémbranos que debemos tomar auga en cantidades suficientes e realizar exercicio físico de xeito habitual.

 

 

Actividade resolta

Se unha persoa toma poucas verduras e hortalizas, que outros alimentos debería tomar para compensar esa falta para que teña unha alimentación equilibrada?

Solución

Debería compensalo tomando alimentos do grupo V , froita, que teñen cunha función reguladora. 

 

Actividades propostas

S7.    Complete o que falta na seguinte táboa:

Función Grupo Achegan
Plástica I. Leite e derivados Proteínas, ferro, calcio e vitaminas A,D e E.
II. Proteínas, vitaminas do grupo B e ferro
  IV Vitaminas C e B, sales minerais e fibra
  V Froitas Azucre e ...
Enerxéticos VI. Glícido, poucas proteínas , ferro e vitamina B1
  VII. Lípidos e vitaminas A, D e K
III Legumes patacas e froitos secos

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0