Saltar navegación

2.3 Alimentación e nutrición

  • A alimentación é na inxestión de alimentos que seleccionamos do noso contorno e que forman a nosa dieta. Os alimentos están formados por un ou varios tipos denutrientes.
  • A nutrición é o conxunto de procesos que realiza o noso organismo para dixerir, absorber e transportar os nutrientes ás células, e que así estas poidan realizar as funcións propias dos seres vivos. Para isto interveñen de xeito integrado catro aparellos: dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.
 

Actividad resolta

Por que non debe confundirse a alimentación coa nutrición?

Solución

  •  Alimentación: é só un proceso dentro da nutrición. É un acto voluntario aprendido no transcurso da nosa vida, que depende dos costumes familiares e sociais, ou mesmo das crenzas relixiosas.
  •  Nutrición: é unha actividade involuntaria, que abrangue a dixestión dos alimentos, e a absorción e transporte dos nutrientes as células.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0