A organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A actividade física
2.5.2 A condición física
Os avances técnicos e o uso de máquinas fai que os nosos traballos requiran cada vez menos esforzo físico. É frecuente que moitas persoas pasen a súa xornada sentadas ou en pé sen desprazarse; logo collemos o coche e imos á casa para sentar de novo diante do televisor. Isto é o sedentarismo.
Os órganos do corpo atrófianse, perdemos forza e axilidade. E logo un esforzo físico menor (subir unha costa, por exemplo) esgótanos. Ao anterior cómpre que engadirlle que normalmente comemos máis do necesario. Por todo isto é recomendable facermos exercicio físico con regularidade, adaptado á idade de cadaquén e seguindo as pautas adecuadas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0