2.4.3 Defensas do organismo fronte a infección
As persoas temos un sistema de defensa fronte aos microorganismos patóxenos formado por un conxunto de mecanismos, que poden ser inespecíficos e específicos
Mecanismos inespecíficos
- Defensas externas: son barreiras físicas que impiden a entrada dos microorganismos. Estas barreiras son a pel e as mucosas, que recobren as aberturas naturais (como a boca) e segregan substancias que reteñen e impiden a entrada dos xermes.
- Defensas internas: cando o axente patóxeno entra no interior do corpo, un tipo de glóbulos brancos, os fagocitos, atacan os xermes e destrúenos. O pus son fagocitos e patóxenos mortos.
Mecanismos específicos
Se os fagocitos non son quen de destruír o microorganismo patóxeno, danlle un sinal a outros glóbulos brancos, os linfocitos. Os linfocitos sensibilizados multiplícanse e fabrican anticorpos, que destrúen ou inactivan aos axentes invasores de forma específica.
Actividade resolta.
Por que unha persoa que padeceu a varíola non a volve padecer?
|
Solución |
Algunhas doenzas infecciosas, como a varíola, só se padecen unha vez. Isto débese a que os linfocitos sensibilizados manteñen unha memoria do microorganismo invasor. Deste xeito, ante un segundo contacto os linfocitos sensibilizados actívanse inmediatamente e liberan unha grande cantidade de anticorpos suficiente para destruír o axente patóxeno. |
Actividade prosposta
S15. Ordene do 1 ao 6 os acontecementos que teñen lugar na resposta inmunolóxica:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0