2.3.5 Doenzas relacionadas cunha alimentación incorrecta
Unha dieta inadecuada pode causar no organismo alteracións e doenzas, en ocasións moi graves. Neste sentido hai que diferenciar a desnutrición da alimentación incorrecta.
- Desnutrición: prodúcese cando a cantidade de alimentos que se inxire resulta insuficiente para satisfacer as necesidades nutricionais. UNICEF denuncia que a desnutrición contribúe á morte de 5,6 millóns de nenos e nenas menores de cinco anos no mundo en desenvolvemento.
- Nutrición incorrecta: trátase dunha inxestión inadecuada de alimentos que pode producir doenzas, como a obesidade, doenzas do aparello circulatorio ou anomalías do comportamento alimentario, como a anorexia e a bulimia.
Actividade resolta
Procuramos información sobre as seguintes doenzas: anorexia, bulimia e obesidade.
|
Caracterízase pola diminución voluntaria de alimentos, que provoca a perda de máis dun 25 % do peso orixinal. A persoa experimenta un medo intenso a se converter en obesa, que non diminúe coa perda de peso. |
|
Quen a padece come convulsivamente grandes cantidades de alimento ás agochadas, o que lle provoca sentimentos de culpa e rexeitamento. Isto lévaos a adoptar comportamentos compensatorios para evitar o aumento de peso, como o vómito provocado, o exercicio físico excesivo, e o consumo de laxantes e diuréticos. A persoa bulímica adoita padecer anorexia nerviosa, e tamén se poden alternar. |
|
Asóciase ao risco cardiovascular e a diabete. Afecta a calidade de vida pola diminución da mobilidade e da resistencia física, e aumenta as complicacións no embarazo. Se a causa é a inxestión calórica superior ao gasto enerxético, cómpre equilibrar os valores. O mellor para o lograr é facer exercicio e evitar o abuso de azucres e graxas, así como de bebidas alcohólicas, que tamén teñen un alto contido calórico. |
Actividade proposta
S9. Que é a arteriosclerose? Que alimentos favorecen e reducen esta doenza?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0