2.1.4 O organismo: funcións vitais
Un organismo é a unión de células, tecidos, órganos, sistemas e aparellos que, actuando coordinadamente, realizan con eficacia todas as funcións vitais.
A enorme cantidade de actividades que desenvolve un organismo pódese reunir en tres grupos, que reciben o nome de funcións vitais. As funcións vitais do corpo humano son:
- Función de nutrición, mediante á cal o organismo obtén e aproveita os alimentos para repor a materia e enerxía perdidas. Na función de nutrición participan o aparello dixestivo, o aparello respiratorio, o aparello circulatorio e o aparello excretor.
- Función de relación, por medio da cal o organismo toma contacto co seu medio e reacciona ante as variacións deste. O aparello locomotor, o sistema nervioso e o conxunto de glándulas endócrinas que hai no corpo humano participan activamente na función de relación.
- Función de reprodución, grazas á cal o organismo dá lugar a outros semellantes a el e asegura o mantemento da especie. Esta función é realizada polo aparello reprodutor.
Actividade resolta
Indicamos os aparellos e os sistemas representados.

Procuramos na unidade e definimos: célula, tecido, órgano, sistema, organismo.
|
Unidade vital dos seres vivos capaz de nutrirse, relacionarse e reproducirse. |
|
Agrupacións de células do mesmo tipo con capacidade para realizar unha función nova, que cada unha non podería realizar por separado. |
|
Conxunto de tecidos con capacidade para realizar un traballo concreto, que cada un non podería realizar por separado. |
|
Conxunto de órganos do mesmo tipo que realizan unha función similar. |
|
Individuo integrado (nos seres máis complexos) por un conxunto de sistemas. |
Actividade proposta
S3. Indique a que aparellos ou sistemas pertencen os seguintes órganos: cerebro, músculos, corazón, óso, fígado, esófago, tiroide, testículos, vexiga, pulmón.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0