A organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A actividade física
2.2.4 O aparello excretor
A función excretora abrangue os procesos mediante os cales o organismo expulsa as substancias prexudiciais que se produciron no metabolismo. Os produtos de excreción máis importantes son:
- Dióxido de carbono, CO2: eliminado polo aparello respiratorio.
- Suor: eliminada polas glándulas sudoríparas da pel.
- Urina: eliminada polo aparello urinario.
Órganos do aparello excretor
- Riles: actúan como filtros. Son os encargados de limpar o sangue de substancias tóxicas, como a urea, que son expulsadas a través da urina.
- Uréteres: son os condutos que conectan os riles coa vexiga.
- Vexiga: é un órgano oco que serve para acumular os ouriños.
- Uretra: é un tubo que conduce a urina desde a vexiga ata o exterior durante a micción.

Actividad resolta
Os termos excreción e defecación indican o mesmo?
|
Solución |
Non, a defecación é a saída do organismo de materiais que atravesaron o tubo dixestivo pero non pasaron ao sangue, non sufriron metabolismo celular. A excreción implica eliminar do noso organismo substancias produto da transformación metabólica. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0