2.4.4 Prevención e tratamento das doenzas infecciosas
Co obxecto de previr a aparición das infeccións, convén adoptarmos uns hábitos de vida saudables e seguirmos un programa de vacinación.
- Vacinación. Consiste en inocular nun individuo xermes ou toxinas atenuadas produtoras dunha determinada doenza, de tal xeito que non teñen poder patóxeno, pero seguen mantendo a súa capacidade para estimular a formación de células memoria, e perante unha posible doenza provocada polo mesmo axente patóxeno prodúcese a suficiente cantidade de anticorpos que evita o seu desenvolvemento. A vacinación ten unha acción preventiva, non curativa, e necesita un tempo para producir células memoria e, así, ser eficaz. Cando o organismo xa contraeu unha doenza infecciosa, dispomos de dous métodos principais para a curar, a soroterapia e os antibióticos.
- Soroterapia. Consiste en administrar soros sanguíneos que conteñen anticorpos específicos contra un xerme na persoa que se sospeita que está infectada.
- Antibióticos. Son substancias capaces de matar ou inhibir o crecemento de bacterias e fungos. Os antibióticos nunca actúan contra virus nin protozoos, polo que o seu uso nas infeccións causadas por estes microorganismos é ineficaz. Porén, ás veces as infeccións víricas poden asociarse a outras de orixe bacteriana, e neste caso úsanse antibióticos.
Estilos de vida é hábitos de saúde
Malia ser algunhas doenzas hereditarias ou provocadas por axentes non infecciosos, o mellor xeito para manter unha boa saúde consiste en adoptar hábitos de vida saudables a nivel persoal e a necesidade de que a Administración fomente medidas sociais e de hixiene.
Actividades resoltas
Por que é importante que sexa só o médico quen prescriba un antibiótico?
|
Solución |
Cada antibiótico é eficaz contra algunha doenza bacteriana e non contra outras. O médico debe determinar o tipo de antibiótico máis eficaz e o tempo de administración. Cómpre axustarse a estes tratamentos, xa que un mal uso trae consigo a aparición de bacterias resistentes a eles, que os fan inútiles co tempo. |
Xustifique a necesidade de que a Administración fomente medidas sociais de hixiene.
|
Solución |
A Administración é a responsable de tomar as seguintes medidas sociais para evitar as infeccións:
|
Actividades propostas
S16. Clasifique soros, vacinas e antibióticos, polo seu efecto curativo ou preventivo.
S17. Indique medidas persoais para previr doenzas non infecciosas e infecciosas?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0