2.2.1 O aparello dixestivo
O aparello dixestivo consta de tubo dixestivo e glándulas dixestivas.
- Tubo dixestivo: está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.
- Glándulas dixestivas: son un conxunto de glándulas encargadas de producir os zumes dixestivos necesarios para a dixestión química dos alimentos no interior do tubo dixestivo. Estas son:
– Glándulas salivares: producen a saliva, o primeiro zume dixestivo que actúa sobre os alimentos. Están situadas na boca.
– Glándulas gástricas: producen o zume gástrico, composto principalmente por ácido clorhídrico e pepsina, un enzima que descompón as proteínas.
– Fígado: ten varias funcións, entre elas eliminar toxinas e formar a bile, que se almacena na vesícula biliar. A bile ocúpase de disolver as graxas.
– Páncreas: segrega o zume pancreático que se encarga de descompor varios nutrientes e insulina, unha hormona encargada do metabolismo do azucre.
– Glándulas intestinais: producen zume intestinal que contén varios enzimas que completan a dixestión do amidón e as proteínas.
O proceso da dixestión
|
|
| Deglución |
![]() |
| Esófago |
![]() |
| Estómago |
![]() |
| Digestión |
Actividade proposta
S4. Indique a que aparello corresponde o debuxo e identifique os órganos sinalados.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



