Saltar navegación

2.4.2 Doenzas infecciosas

Os axentes causantes das doenzas infecciosas son microorganismos parasitos que infectan un ser vivo provocándolle un dano. Entre eles áchanse algunhas bacterias, fungos e protozoos, e os virus.

 

 

Actividade resolta

Indique algunha doenza infecciosa que teña as vías de transmisión da primeira columna:

  •  Vía respiratoria (polo aire):

Catarro, Gripe.

  •  Vía xenital:

Sífilis, SIDA, tuberculose.

  •  Vía dixestiva (auga ou alimento contaminado):

Cólera, salmonelose.

  •  Por mosquitos:

Malaria.

 

 

Actividade proposta

S14. Indique o axente infeccioso que produce as seguintes doenzas: malaria, candidiase, sarampelo, tuberculose, pneumonía, rubéola, poliomielite, hepatite, SIDA, gripe, catarro, salmonelose, cólera, sífilis.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0