Saltar navegación

2.4.5 O transplante de órganos

Transplante é a transferencia dun órgano ou tecido san dun doador a un paciente (receptor) que, de non ser así, podería morrer nun prazo curto. En España os órganos transplantados en 2004, de maior a menor frecuencia, foron ris, fígado, corazón, pulmón e páncreas.

A doazón de órganos ten unha finalidade solidaria e permite salvar a vida de moitas persoas. Porén, ten que estar suxeita a un control estrito para evitar posibles abusos. En España a doazón de órganos é moi superior á media da Unión Europea; aínda así, o número de doazóns é inferior ás necesidades reais.

A medicina ten abertas varias liñas de investigación que intentan resolver este desfase, entre as que destaca a clonación terapéutica e os xenotransplantes, como se comentou na unidade 1 deste módulo.

 

 

Actividade resolta

Infórmese, en que consiste un xenotransplante e a clonación terapéutica?

Solución

  •  Xenotransplantes: consisten en transplantar órganos doutras especies a humanos, pero isto supón, ademais do rexeitamento, un perigo potencial de transmisión de doenzas. Para evitar isto estase a investigar a modificación de animais con xenes humanos (animais transxénicos),
  •  Clonación terapéutica: o fin é rexenerar tecidos para logo implantalos no receptor. Esta clonación precisa ter células troncais, células non diferenciadas que poden dividirse indefinidamente e orixinar distintos tipos celulares, como una célula sanguínea, nerviosa ou muscular. Estanse conseguindo células troncais de varios tecidos (medula ósea, cordóns umbilicais, etc.) o que non require a utilización de embrións.
 

Actividade proposta

S18.            Cales son os principais órganos que se transplantan en España?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0