A organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A actividade física
1.2 Coñecementos previos
- As células humanas presentan membrana, citoplasma e un núcleo.
- As células presentan unha determinada forma segundo a función que desempeñan.
- As células do mesmo tipo agrúpanse para formar un tecido que desempeña un traballo concreto.
- Un órgano está formado por un conxunto de tecidos con capacidade para realizaren unha función nova que cada un non podería realizar por separado.
- Os aparellos son conxuntos de órganos moi distintos, que actúan de xeito coordinado realizando unha función.
- Existen catro aparellos que interveñen na función de nutrición: dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0