Saltar navegación

2.3.1 Tipos de nutrientes

 

  • Auga: é o compoñente maioritario da materia viva. Atópase nos alimentos, tanto sólidos como líquidos.
  • Sales minerais: actúan como reguladores de moitos procesos vitais e forman parte da composición dos ósos e dos dentes. Son exemplos o calcio, o ferro, o potasio, etc.
  • Glícidos (ou hidratos de carbono): son compostos enerxéticos; atópanse nomeadamente nos legumes, nas patacas, nos cereais, no azucre, no mel e nas froitas. Cando inxerimos máis glícidos dos que necesita o corpo, porque xa están cubertas as necesidades enerxéticas, estes almacénense como graxas.
  • Lípidos: substancias moi enerxéticas. Nunha dieta deben proceder maioritariamente do peixe azul e de aceites vexetais, e en menor proporción das graxas de orixe animal, o touciño e a manteiga. Hainos sólidos, como as graxas, e líquidos, como os aceites.
  • Proteínas: abundan no queixo, a carne, os peixe e os ovos. A principal función das proteínas é formar e reparar tecidos, polo que son imprescindibles para un bo crecemento e funcionamento do noso corpo.
  • Vitaminas: a súa carencia provoca alteracións metabólicas. As necesidades vitamínicas quedan cubertas cunha alimentación variada que conteña vexetais e froitas frescas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0