A organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A actividade física
1.1 Descrición da unidade didáctica
- Na primeira parte descríbense brevemente os niveis de organización bióticos (exclusivos dos seres vivos) dun ser pluricelular, desde a célula ata os sistemas e os aparellos.
- Na segunda desenvólvese a función de nutrición coa descrición dos catro aparellos implicados: dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
- Na terceira, estudamos a nutrición e a alimentación, en aspectos como os alimentos e os nutrientes, a dieta equilibrada e os trastornos alimentarios.
- Na cuarta abórdanse a saúde e a doenza, procurando os factores que as determinan e que as condicionan, e os medios para loitar contra as doenzas, nomeadamente as infecciosas. Remátase cunha mención ao transplante de órganos.
- Na quinta e derradeira complétase o control das doenzas e a saúde coa exposición da conveniencia da práctica do exercicio físico e do mantemento de posicións adecuadas do corpo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0