O Cuco – Lingua galega é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.
A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.
O xogo combina contidos curriculares da área de Lingua galega cunha mecánica lúdica que favorece a motivación, a participación activa e a consolidación das aprendizaxes.
Os cinco bloques temáticos traballados no recurso son:
- Vocabulario galego
- Sinónimos e antónimos
- Sociolingüística
- Gramática
- Literatura galega