O país dos musicotrasnos

Visto: 1,891 veces
Votos
Media: 4.9 (103 votos)

2024-04-25

Portada de "O país dos musicotrasnos"

“O país dos musicotrasnos” é unha aventura en forma de videoxogo RPG en galego, que nos leva, ao longo dos seus cinco capítulos, a un mundo cheo de maxia e música, pero tamén temibles criaturas, os melómanos, e outras ameazas aínda máis escuras. 

Ademais de diversión, achegaralle ao alumnado formación en linguaxe musical, no coñecemento dos instrumentos e nas calidades do son, na intensidade, duración, altura e timbre deste, así como achegar cun ton de miticidade e retranca algunha das personaxes clave e máis importantes na historia da música.