A vida é puro teatro
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Esa situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado planifique e realice unha peza teatral. Durante o proceso, poderán coñecer as características do xénero dramático, identificar na obra teatral os seus principais elementos e identificar algúns dos temas e tópicos literarios.
O reto proposto consiste na representación da obra teatral Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que permite traballar os contidos sinalados de xeito transversal.