Conectamos co mundo!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Na situación de aprendizaxe que se propón, o alumnado profundará nos xéneros discursivos e investigará sobre a Rede, analizando distintos aspectos sobre as redes sociais e, tamén, as posibles estratexias e recomendacións para evitar riscos.
No recurso propónse como reto para o alumnado a creación dun blog de aula que sirva como palestra na que publicar contidos sobre o uso da Rede, que axuden á mocidade a orientarse no mundo dixital de maneira segura e responsable.