Entre versos, viaxamos!
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está deseñada para que o alumnado coñeza a diversidade lingüística peninsular cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos contidos.
No reto proposto, o alumnado axudará a unha compañeira que se muda de domicilio e, traballando en grupo, terán que buscar información e recompilala nun documento sobre diferentes territorios da península e as súas linguas.