Saltar navegación

Os avances tecnolóxicos

 

Glosario

Lítico

Imaxe de dous útiles de pedra prehistóricos

Definición:

Adxectivo que describe os útiles de pedra elaborados polos homínidos na Prehistoria que, a diferenza dos útiles de madeira, puideron conservarse e chegar ata nós. Demostran que os seres humanos son capaces de pensar e de elaborar instrumentos.

Exemplo:

En Atapuerca atopáronse numerosos útiles líticos. 

A evolución das ferramentas

As primeiras ferramentas e armas creáronse para cazar, pescar e recoller. O progreso tecnolóxico dos útiles baseouse no tallado do material utilizado, como a pedra.

Pedra tallada

Fotografía do Canto_tallado_2-Guelmim-Es_SemaraNo Paleolítico, os útiles de pedra tallada foron unha mostra clara da evolución humana e esenciais para a supervivencia.            

Pedra puída

Fotografía dunha Machada de pedra neolíticaCoa Revolución neolítica dáse unha maior diversidade e precisión dos útiles. Tamén destaca o perfeccionamento e precisión no traballo da pedra. Pásase da pedra tallada á pedra puída

Descubrimento do lume

Chamas de fogoCo dominio e a produción do lume durante o Paleolítico, o ser humano tivo unha fonte de calor e de luz. Ao mesmo tempo mellorou a súa supervivencia: o lume permitiulle  cociñar, fabricar mellores útiles e defenderse dos animais.  

Os avances tecnolóxicos do Neolítico

Fotografía de cerámica neolíticaO progreso tecnolóxico do Neolítico implicou unha maior cantidade de bens materiais e utensilios máis precisos como a cerámica e a roda.  

Lectura facilitada

Os primeiros útiles creáronse para cazar, pescar e recoller.

O progreso tecnolóxico fixo eses útiles máis precisos.

Esa mellora nas ferramentas é unha mostra da evolución humana.

Os útiles de pedra tallada foron esenciais para a supervivencia..

O traballo da pedra tamén sufriu unha revolución.

Pásase da pedra tallada á pedra puída.

Ademais, durante o Neolítico descóbrese o lume.

Co lume conseguiuse unha fonte de calor e de luz.

O lume permitiu cociñar, fabricar mellores útiles e defenderse dos animais.

Todo iso mellorou a supervivencia do ser humano.

Ese progreso tecnolóxico implicou unha maior cantidade de bens materiais.

Tamén apareceron utensilios máis precisos como a cerámica e a roda.

A tecnoloxía en marcha

Fotografía de cerámica neolíticaOs avances tecnolóxicos na Prehistoria están relacionados coa fabricación de distintas ferramentas. Estes cambios implicaron a incorporación de novos materiais e a diversificación da súa utilidade. 

No Paleolítico creáronse as primeiras ferramentas. Estas non só satisfacían as necesidades básicas de supervivencia. Temos ferramentas líticas e doutros materiais, como puntas de lanza, rapas e machadas. Pero tamén aparecen obxectos ornamentais e musicais, como as frautas de óso.

O descubrimento e control do lume foi un dos avances tecnolóxicos máis importantes. Permitiulles aos seres humanos quentarse, cociñar, protexerse dos animais e mellorar a súa visión nocturna. Tamén foi útil para fabricar novas ferramentas e armas.

Co descubrimento da agricultura e da gandaría no Neolítico desenvolvéronse novas ferramentas, como a cerámica, e novas técnicas, como a arte téxtil.

A metalurxia xurdiu hai aproximadamente uns 8.000 anos ao comezar a fundir os metais que había na natureza para fabricar novos obxectos.

O primeiro metal traballado foi o cobre (aínda que algunhas investigacións afirman que foi o ouro), despois comezou o traballo do bronce e por último o ferro. Esta secuencia dá lugar aos tres períodos da Idade dos Metais. Con estes metais fixéronse adornos, armas e ferramentas.

Lectura facilitada

As ferramentas foron evolucionando ao longo da Prehistoria.

DuranteIncorporáronse novos materiais. Os seus usos ampliáronse.

As primeiras ferramentas creáronse no Paleolítico. Eran de pedra.

As ferramentas de pedra chámanse líticas.

Tamén se facían obxectos de adorno e instrumentos musicais.

O descubrimento e o control do lume foi un dos avances tecnolóxicos máis importantes.

O lume foi útil para fabricar novas ferramentas e armas.

No Neolítico apareceron novas ferramentas de pedra puída.

Tamén apareceron novas técnicas como a cerámica e o tecido.

Na Idade dos Metais comezáronse a fundir os metais (ouro, cobre, bronce, ferro).

Con eles fixéronse novas ferramentas e novos obxectos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)