Que nos fai humanos
Somos bípedes, temos un cranio grande (cun encéfalo potente), unha mandíbula pequena e mans hábiles (gracias ao polgar opoñible). Ademais, a posición da nosa larinxe permítenos emitir sons (linguaxe articulada) e comunicarnos.
A diferenza doutros animais, o noso período de aprendizaxe é moi longo. Aprender é clave para poder adaptarse a calquera contexto.
Para saber máis preme no botón:
Lectura facilitada
Somos bípedes.
Temos un cranio grande.
Temos unha mandíbula pequena.
As nosas mans son hábiles.
A posición da nosa larinxe permítenos emitir sons.
Con eses sons podémonos comunicar.
Outros animais aprenden moi rápido.
En cambio, nós aprendemos durante moito tempo.
Aprender é clave para adaptarse a calquera contexto.
