Saltar navegación

5.1. Como saíu a exposición

Reflexionemos

Chegados a este punto, toca botar a vista atrás e lembrar cales eran os obxectivos e o plan para facer esta exposición.

Acadáronse os obxectivos?

Pregunta

Ao longo da preparación deste reto descubrín que...

Respostas

Coñecía algunhas cousas sobre a Prehistoria e grazas a este traballo agora xa sei un pouco máis

Coñecía algunhas cousas sobre a Prehistoria e grazas a este traballo agora xa sei bastante máis.

Coñecía algunhas cousas sobre a Prehistoria e grazas a este traballo agora xa sei moitas cousas máis.

Retroalimentación

Pregunta

Grazas a estudar os obxectos das nosas caixas coñecín que...

Respostas

Calquera obxecto, incluso aqueles que teñen un uso máis cotián, como unha simple agulla ou un canto tallado, pode servir como unha valiosa fonte arqueolóxica para axudarnos a coñecer mellor o pasado.

Fai falla un equipo de gran variedade de persoas investigadoras para poder estudar en profundidade estes obxectos.

Un proceso rigoroso de catalogación dos obxectos axudaranos a coñecelos e difundilos mellor.

Retroalimentación

Pregunta

A Prehistoria foi o período máis longo da historia da Humanidade e non foi unha etapa homoxénea, senón que diferenciamos...

Respostas

Un longo período chamado Paleolítico, durante o que se sucederon e conviviron diferentes especies humanas.

Como co Neolítico o ser humano muda a súa relación co medio ambiente, animais e plantas, modificando radicalmente a vida natural na Terra.

Que as diferenzas de enxoval comúns durante a Idade dos Metais se corresponden cunha maior diferenciación social en tarefas e en riqueza.

Retroalimentación

Pregunta

Planificar e elaborar unha exposición rigorosa esixe un grande esforzo e a colaboración de todo o grupo. Cal dirías que foi a túa parte preferida neste proceso?

Respostas

A catalogación das obras. Aprendín tanto nesta fase!

A planificación da exposición no noso centro. Pensar e transformar o noso espazo diario foi fantástico!

A divulgación da nosa exposición. Nunca esquecerei todo o que rimos ao longo do proceso!

Retroalimentación

Pregunta

O noso traballo non só nos permitiu aprender, senón tamén ensinar ás demais persoas. O alcance da nosa exposición fixo que mellorase o coñecemento da Prehistoria...

Respostas

En todo o alumnado do noso centro.

Toda a comunidade educativa do noso centro: alumnado, profesorado, persoal...

Non só dentro do noso centro, senón tamén xente da nosa contorna que coñeceu a nosa actividade.

Retroalimentación

Que pensades vós?

Diana valoraciónPara saber cal é a valoración de todos e todas vós sobre a nosa exposición da Prehistoria, e tamén dos e das que participaron na consecución deste reto, cubriredes a seguinte diana de valoración.

Atentos e atentas ás indicacións do profe Paco ao repartir estas dianas. 

Tranquilidade, non poñen nota!

Acceso á diana en formato PDF

Lectura facilitada

Vas cubrir unha diana de valoración.

Servirá para saber como valoras ti a exposición da Prehistoria.

E a de todas as persoas que participaron no reto.

Presta atención ás indicacións do profe Paco ao repartir estas dianas.

Tranquilidade, non poñen nota!

Que pensan as persoas visitantes?

Agora toca revisar as dianas de valoración que cubriron os alumnos e as alumnas que visitaron a exposición.

Fotografía de persoas sacando fotos

Ides realizar un debate no voso grupo no que trataredes os seguintes puntos:

  • Cal foi a valoración xeral?
  • Que características da vosa exposición podedes mellorar?
  • Cal foi o punto forte da vosa exposición?

Lectura facilitada

O alumnado que visitou a exposición tamén cubriu dianas de valoración.

Agora toca revisalas.

Organizade un debate a partir delas.

Tratade os seguintes puntos:

Cal foi a valoración xeral?

Que podedes mellorar da vosa exposición?

Que foi o mellor da vosa exposición?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)