Saltar navegación

1.1. Presentación do reto

 

Glosario

Cronoloxía

Fotografía dun reloxo

Definición:

Ciencia que axuda a ordenar no tempo os acontecementos históricos. Permite describir a duración (décadas, séculos, milenios) e diferenciar os distintos períodos da Historia.

Exemplo:

A cronoloxía da Prehistoria está en continuo cambio.

O voso reto

 Que sorte! Parece que xa enviaron a maioría dos obxectos que pediades.

Se queredes ver os obxectos recibidos facede clic en cada un deles.

Pero o problema é que estes obxectos veñen todos desordenados e non sabedes a súa cronoloxía!

Para poder facer unha exposición coa que aprendades de verdade, precisades organizalos cronoloxicamente.

Só así se poderán amosar ben as diferentes características de cada etapa da Prehistoria na vosa exposición. 

Para ordenalos precisades da colaboración de todo o alumnado de 1º da ESO. 

Lectura facilitada

Que sorte!

Parece que xa enviaron a maioría dos obxectos que pediades.

Se queredes velos, facede clic en cada un deles.

Pero hai un problema.

Estes obxectos veñen todos desordenados

E non sabedes a súa cronoloxía!

Para  facer unha exposición precisades organizalos cronoloxicamente.

Só así podedes amosar as diferentes características de cada etapa da Prehistoria. 

Precisades da colaboración de todo o alumnado de 1º da ESO. 

Seredes capaces de...

Elba e Paco

Seredes capaces de organizar unha exposición ordenada con estes obxectos?

O obxectivo é coñecer mellor as características de cada unha das etapas da Prehistoria.

Aquí están a arqueóloga Elba e o profe Paco para botarvos unha man.

Atrevédesvos?

Lectura facilitada

Tedes que organizar unha exposición ordenada cuns obxectos.

Como a podedes organizar?

Coa exposición coñeceredes mellor as características de cada unha das etapas da Prehistoria.

Aquí están a arqueóloga Elba e o profe Paco para botarvos unha man.

Atrevédesvos?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)