Saltar navegación

2. Refrescando coñecementos

Paco e Elba

Xa lle botastes un ollo aos obxectos que chegaron nas caixas? Todos eles son valiosas fontes para o estudo da Prehistoria.

Coñecías algún deles? Sabes para que se usaban ou de que estaban feitos? Serías quen de dicir a que etapa da Prehistoria pertencen? 

Non son preguntas doadas, pero lembrade que non estades sós e soas neste reto.

O profesor Paco vaivos facilitar un glosario cos conceptos máis importantes para resolver estas dúbidas. Non esquezades consultalo sempre que o precisedes. Está no encabezamento de cada páxina! 

O traballo de Elba, a nosa arqueóloga, tamén será de grande axuda para coñecer un pouco máis sobre os obxectos. Por certo, sabiades que o nome da vosa arqueóloga é o mesmo que o da "primeira galega"? Podedes descubrilo na seguinte ligazón.



Lectura facilitada

Xa lle botastes un ollo aos obxectos que chegaron nas caixas?

Todos eles son valiosas fontes para o estudo da Prehistoria.

Coñecedes algún deles?

Sabedes para que se usaban?

E de que estaban feitos?

Tamén a que etapa da Prehistoria pertencen?

Non son preguntas doadas, pero lembrade que non estades sós e soas neste reto.

O profesor Paco resolveravos estas dúbidas.

Non esquezades preguntarlle sempre que o precisedes.

Elba, a nosa arqueóloga, tamén será de grande axuda.

O nome da nosa arqueóloga é o mesmo que o da primeira galega.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)