Saltar navegación

5.3. Valoro o meu traballo

A miña participación

Valoro a miña participación no reto.
 Foime xenial porque...Fíxeno ben porque...Custoume un pouco porque...Debo mellorar porque...
Na comprensión do proxectoEntendín todos os pasos para conseguir o reto final e o seu propósito. (2)Souben o que tiña que facer no reto aínda que non entendín o seu propósito. (1.5)Necesitei axuda para entender o reto e os pasos para acadalo. (1)Aínda que solicitei axuda, non entendín as partes do reto. (0.5)
No traballo en equipoIntegreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Amosei moita iniciativa e fun parte importante do equipo. (2)Integreime ben no grupo, axudei as miñas compañeiras e compañeiros. Acheguei poucas propostas, pero apoiei as propostas das demais persoas. (1.5)Tiven dificultades para traballar en equipo. Non colaborei co resto do grupo. (1)Non logrei integrarme ben no grupo e rexeitei o traballo. (0.5)
No traballo individualRealicei as actividades individuais que correspondían e remateinas sen erros. Esforceime para realizalas sen axuda. Colaborei coas miñas compañeiras e compañeiros. (2)Realicei as actividades individuais que correspondían, tiven éxito e fíxenas correctamente. Esforceime para acabalas sen axuda e entregueinas todas e a tempo. (1.5)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían, para algunhas necesitei axuda. Entregueinas nos tempos marcados. Máis da metade tiveron puntuacións correctas. (1)Non realicei todas as actividades individuais que correspondían. Ademais, a pesar de ter axuda, os resultados deberían ser mellores. (0.5)
Nas sesións conxuntasParticipei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei ás miñas compañeiras e compañeiros. (2)Participei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. (1.5)Participei nas tarefas pero non me esforcei o necesario e algunhas saíron mal. Debería implicarme máis. (1)A pesar de participar nalgunhas actividades, frustreime moito e desistín de realizar ou intentar todas as tarefas. Debería esforzarme moito máis (0.5)
Na superación do retoParticipei activamente e esforceime para acadar as tarefas con éxito. Axudei as miñas compañeiras e compañeiros. (2)Colaborei na consecución do reto. (1.5)A miña participación para superar o reto foi baixa, os meus compañeiros e as miñas compañeiras tiveron que axudarme moito. (1)Non participei na preparación do reto, deixei que as miñas compañeiras e os meus compañeiros fixeran todo o traballo. (0.5)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Valoro a miña participación no reto. (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova ventá

Feito con eXeLearning (Nova xanela)