A catalogación
Lembrades que aquí podedes visualizar todos os obxectos da vosa exposición?
Tedes nas caixas unha grande variedade de obxectos para organizar a exposición sobre a Prehistoria. Para presentalos de forma axeitada debedes catalogar todas esas pezas.
Lembrade que non son simples obxectos estéticos! Son tamén fontes históricas que nos permiten coñecer mellor o noso pasado.
Ides organizar, mantendo os grupos iniciais, a información da que dispoñedes como se fósedes historiadores e historiadoras!
Estades preparadas e preparados para asumir este labor e ensinar a Prehistoria no voso centro? Imos aló!
Lectura facilitada
Nas caixas hai moitos obxectos diferentes.
Con eles teredes que organizar a exposición sobre a Prehistoria.
Tedes que catalogar todas estas pezas para presentalas.
Lembrade que non son simples obxectos estéticos.
Tamén son fontes históricas.
Grazas a elas podemos coñecer mellor o noso pasado.
Mantede os grupos iniciais e organizade a información.
Traballade coma se fósedes historiadoras e historiadores.
Preparadas e preparados para asumir este labor?
Queredes ensinar a prehistoria no voso centro?
Imos aló!
Audio
Mans á obra
Cada equipo ten asignada unha caixa diferente. Debedes organizarvos e cubrir entre todos e todas unha ficha explicativa de cada un dos obxectos da Prehistoria.

Entre todos e todas, e grazas á información que nos ofrecen Paco e Elba ao longo deste apartado, seredes quen de facer un gran traballo de divulgación da Prehistoria!
Podedes usar este modelo en PDF.
Aquí tes o documento en formato editable.
Lectura facilitada
Cada equipo ten asignada unha caixa diferente.
Organizádevos.
Tedes que cubrir unha ficha de cada un dos obxectos da prehistoria.
Usade a información que vos deron Paco e Elba.
Facédeo entre todas e todos.
Faredes un gran traballo de divulgación da Prehistoria!