Saltar navegación

4.3. Esta todo listo?

Valorade a vosa exposición

Xa vistes que na preparación dunha exposición, Imaxe dunha Lista de cotexoou de calquera outro traballo, é moi importante a organización.

Agora que seguistes uns pasos previos para a organización da vosa exposición, o ideal é facerdes unha comprobación para ver se esquecestes algo. Esta revisión é clave para posibles readaptacións e para ter todo planificado no momento da montaxe.

A continuación poderedes empregar unha lista de cotexo para facer esa comprobación.

Prestade atención!

Lectura facilitada

Para preparar unha exposición é moi importante organizarse.

É moi importante comprobar que non esquecestes nada.

Esta revisión é clave para posibles readaptacións.

Tamén para ter toda a montaxe planificada.

Podedes empregar unha lista de cotexo para facer a comprobación.

Prestade atención!

Lista de cotexo

Análise do proceso de creación da nosa exposición
Ítem Si Non

A temática está decidida.

Os contidos van dirixidos á comunidade educativa.

Os obxectos da exposición están ben datados e ben interpretados.

Decidiuse o material a empregar para a exposición.

As fichas técnicas dos obxectos están completas.

Está clara a forma de darlle difusión á exposición.

Rúbrica da Exposición de obxectos antigos

Rúbrica da Exposición de obxectos antigos (5x3)
 ExcelenteBoBaixo
Coñecemento do temaO estudante demostra un profundo coñecemento dos obxectos antigos presentados, proporcionando detalles históricos precisos. (2)O estudante mostra un bo coñecemento dos obxectos antigos, aínda que podería proporcionar máis detalles históricos. (1.25)O estudante mostra falta de comprensión do tema, non proporciona información histórica relevante. (0.5)
Organización da presentaciónA presentación está moi ben estruturada, cunha introdución clara, unha secuencia lóxica de información e unha conclusión sólida. (2)A presentación está ben organizada en liñas xerais, aínda que se poderían mellorar a introdución, a secuencia ou a conclusión. (1.25)A presentación carece de estrutura e non ten unha introdución, secuencia ou conclusión claras. (0.5)
Claridade da comunicaciónO estudante exprésase de maneira clara e precisa, utilizando un ton de voz e unha postura adecuados. (2)O estudante, en xeral, é claro na súa comunicación, aínda que podería utilizar un ton de voz ou unha postura máis adecuados. (1.25)O estudante ten dificultades para comunicarse claramente, articula mal as palabras ou mostra unha postura inadecuada. (0.5)
Apoio visualOs materiais visuais utilizados (fotos, debuxos etc.) son moi relevantes e preséntanse de maneira clara e organizada. (2)Os materiais visuais utilizados son adecuados, aínda que poderían ser máis relevantes ou estar mellor organizados. (1.25)Os materiais visuais utilizados non son relevantes ou non se presentan de maneira clara e organizada. (0.5)
Esforzo xeralO estudante mostra un esforzo excepcional na preparación e presentación dos obxectos antigos. (2)O estudante mostra un bo nivel de esforzo na preparación e presentación dos obxectos antigos. (1.25)O estudante mostra falta de esforzo na preparación e presentación dos obxectos antigos. (0.5)

Rodrigo Cruz. Rúbrica traducida e adaptada da plantexada por RUBRIK de edutekaLab, a partir do modelo de OpenAI e Anthropic. Rúbrica da Exposición de obxectos antigos (5x3) (CC BY-NC)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

A explicar todo o proceso do reto

Xa completamos e comprobamos todos os pasos do voso reto, agora é o momento de explicar nas aulas a outros compañeiros e a outras compañeiras todo o proceso. 

Veña, que xa estades a piques de acadar o reto!

Lectura facilitada

Xa fixestes todos os pasos do voso reto.

Agora é o momento de explicar como foi o proceso.

Explicádello ao resto de compañeiras e compañeiros.

Veña, xa estades a piques de acadar o reto!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)