En grupos de 4 ou 5 persoas, e coa axuda das novas tecnoloxías, elixiredes en cal das seguintes tarefas relacionadas coa promoción da exposición queredes participar. Preparados e preparadas para achegardes ideas enxeñosas?
Cada grupo terá o nome da tarefa a realizar. Fixádevos nas actividades:
Lectura facilitada
É o momento de dar a coñecer o reto.
Como?
En grupos de 4 ou 5 persoas, e coa axuda das novas tecnoloxías:
Elixiredes en cal das tarefas da exposición queredes participar.
Preparados e preparadas para achegar ideas enxeñosas?
Cada grupo terá o nome da tarefa a realizar.
Fixádevos nas actividades:
Audio
Crear un cartel
O cartel publicitario é un anuncio impreso ou en formato dixital para atraer a atención do público.
Todos os museos do mundo promoven as súas exposicións para que posibles visitantes coñezan os seus fondos permanentes ou temporais. Vós tamén tendes que facelo.
Actividade grupal A: Facer o cartel
Como expertos e expertas en márketing publicitario, o obxectivo fundamental é despertar o interese cunha imaxe e unha mensaxe que chame moito a atención.
De aí a necesidade dunhas regras básicas:
- Título e subtítulo. Pensade en algo atractivo... todos os grandes museos o fan! Por exemplo: "A Prehistoria está aquí!"
- Corpo. Pode ser unha imaxe ou un texto para mostrar a información sobre o que promovemos. Exemplo: unha fotografía do obxecto “máis famoso” da exposición.
- Slogan. Para reforzar o que publicitamos.
- Logotipo dos/das que anuncian. Pode ser o logo do centro e o da Consellaría de Educación.
Lembrade que tedes que coñecer ben o que promovedes, pero tamén o público que visitará a exposición! É fundamental que sexades orixinais.
Lectura facilitada
O cartel publicitario é un anuncio impreso ou dixital.
Servepara atraer a atención do público.
Todos os museos do mundo promoven as súas exposicións.
Fano para que posibles visitantes coñezan os seus fondos.
Vós tamén teredes que facelo.
Actividade grupal A: Facer o cartel
Seredes expertos e expertas en márketing publicitario.
O obxectivo fundamental é despertar o interese cunha imaxe e unha mensaxe.
Para iso necesitaredes dunhas regras básicas:
- Título e subtítulo. Pensade en algo atractivo.
Por exemplo: "A Prehistoria está aquí!"
- Corpo. Unha imaxe ou un texto para mostrar a información sobre o que promovemos.
Exemplo: unha fotografía do obxecto “máis famoso” da exposición.
- Slogan. Serve para reforzar o que publicitamos.
- Logotipo das institucións que fan o anuncio.
Pode ser o logo do centro e o da Consellaría de Educación.
Lembrade que tedes que coñecer ben o que promovedes.
Pero tamén o público que visitará a exposición!
É fundamental que sexades orixinais.
Audio
Preme para ver un exemplo
Toda exposición, como esta sobre Castelao no Museo de Lugo, necesita mostrarse visualmente ao público.
Podemos observar que o cartel desa exposición é un cartel que busca captar a atención dos visitantes da exposición da seguinte forma:
Céntrase no obxecto principal da mostra tanto na imaxe coma no texto. Castelao.
Resulta fácil entender o que nos quere transmitir.
O nome do evento aparece nun tamaño axeitado, sendo fácil de visualizar.
As datas da exposición aparecen no cartel.
Ten pouco texto.
Agora só tedes que facer o voso para conseguir o reto. Veña!
Rúbrica para avaliar un cartel
Rúbrica para avaliar un cartel (4x4)
Excelente
Satisfactorio
Mellorable
Insuficiente
Contido
Pertinente, dá detalles de calidade que proporcionan información que vai máis alá do obvio e predicible. (2.5)
Os detalles de apoio e a información están relacionados, pero algún aspecto clave está sen apoio. (1.75)
Os detalles de apoio e a información están relacionados, pero varios aspectos claves están sen apoio. (1.50)
Os detalles de apoio e a información non están claros ou non están relacionados ao tema. (1.25)
Linguaxe iconográfico
Todas as imaxes apoian e representan totalmente a mensaxe e teñen as dimensións necesarias de acordo ao cartel. (2.5)
Algunhas imaxes apoian e representan a mensaxe e teñen as dimensións necesarias de acordo ao cartel. (1.75)
Algunhas imaxes non son claras e ben proporcionadas e non serven de apoio á mensaxe. (1.50)
As imaxes non teñen as dimensións necesarias, son desproporcionadas, pouco claras e non serven de apoio da mensaxe. (1.25)
Organización da información
A información está moi ben organizada e ten unha orde detallada e fácil de ler. (2.5)
A información está ben organizada e facilita a lectura do cartel. (1.75)
Organízase a información pero a lectura do cartel non é fácil. (1.50)
A información está en desorde e a súa lectura non é fácil. (1.25)
Formato
O formato é visiblemente atractivo e de acordo ás dimensións necesarias. (2.5)
O formato é adecuado ás dimensións indicadas e rechamante. (1.75)
O formato non é adecuado ás dimensións indicadas, aínda que é rechamante. (1.50)
O formato non se adecúa ás dimensións indicadas, carece de cores adecuadas e non é atractivo visualmente. (1.25)
No vídeo promocional anunciamos e mostramos o noso produto, unhas pezas únicas da Prehistoria. Querémosllas ensinar ao noso público: os nosos compañeiros e compañeiras, profesorado, familias, amizades e xente da contorna.
"Unha imaxe vale máis que mil palabras", así que o vídeo é o medio ideal para facelo.
Temos que organizarnos:
Actividade grupal B: Rodamos e montamos o vídeo
Como facelo?
- Planificar con tempo. Cómpre decidir que mensaxe queremos transmitir, e que esta sexa clara e detallada. Hai que pensar que é un reto feito polo alumnado de 1º da ESO.
- Contar unha historia. Buscade e lograde captar o interese, pero sen repetirvos. Hai que expoñer con moita claridade para que nos entendan mesmo aquelas persoas ás que non lles interese a Prehistoria!
- Pensar no público. Tedes que saber a quen vos dirixides e non falar de maneira nin moi científica nin pouco rigorosa.
- Inspirarse noutros vídeos. Pero sempre teredes que facer o voso!
- Informarse de onde se lle vai dar publicidade. En que plataformas sociais, webs ou medios de comunicación, xa que iso condicionará os aspectos técnicos.
- Crear un guión e unha lista de tomas antes de rodar. Aforraredes tempo!
- Facer un vídeo creativo. Pero pensade: para gustos hai cores!
A rodar!
Lectura facilitada
No vídeo promocional mostraremos unhas pezas únicas da Prehistoria.
Querémosllas ensinar ao noso público.
O vídeo é o medio ideal para facelo.
Temos que organizarnos:
Actividade grupal B: rodamos e montamos o vídeo
Como o faremos?
- Planificámolo con tempo.
Decidimos que mensaxe queremos transmitir.
A mensaxe ten que ser clara e detallada.
É un reto feito polo alumnado de 1º da ESO.
- Contar unha historia.
Buscade captar o interese, sen repetirvos.
Hai que falar con claridade.
Téñennos que entender mesmo aquelas persoas ás que non lles interese a Prehistoria!
- Pensade no público.
Tedes que saber a quen vos dirixides.
- Podédevos inspirar noutros vídeos.
Pero sempre teredes que facer o voso!
- Onde se lle vai dar publicidade?
En que plataformas sociais, webs ou medios de comunicación?
Iso condicionará os aspectos técnicos.
- É necesario crear un guión e unha listade tomas antes de rodar.
Aforraredes tempo!
- Facede un vídeo creativo.
Pero pensade: para gustos hai cores!
A rodar!
Audio
Preme para ver un exemplo
Queremos rodar un vídeo rigoroso, e ao tempo sinxelo, para chegar a todo o mundo.
A mellor forma é a través de exemplos, como estes vídeos. Non somos os técnicos dos grandes museos, pero podemos sacar ideas moi interesantes e adaptalas.
Rúbrica para avaliar un vídeo
Rúbrica para avaliar un vídeo (4x5)
Excelente
Sobresaliente
Bo
Aceptable
Baixo
Contidos
O vídeo mostra un coñecemento profundo e preciso do tema, cunha exposición clara e estruturada. (2.5)
O vídeo demostra un bo dominio dos contidos, cunha exposición organizada e coherente. (1.75)
O vídeo presenta unha comprensión adecuada dos contidos, aínda que algúns aspectos poden resultar pouco claros ou desordenados. (1.50)
O vídeo mostra algunhas lagoas na comprensión dos contidos, o que afecta a claridade e organización da exposición. (1.25)
O vídeo presenta graves deficiencias no coñecemento e exposición dos contidos. (0.50)
Investigación
O vídeo mostra unha investigación exhaustiva, utilizando fontes confiables e variadas, e citando adecuadamente as fontes.O vídeo mostra unha investigación exhaustiva, utilizando fontes fiables e variadas, e citándoas adecuadamente. (2.5)
O vídeo demostra unha investigación sólida, utilizando fontes fiables e citándoas correctamente. (1.75)
O vídeo presenta unha investigación adecuada, aínda que podería ser máis exhaustiva no uso de fontes fiables e na cita das mesmas. (1.50)
O vídeo mostra unha investigación limitada, con pouca variedade de fontes e algunhas deficiencias na citación das mesmas. (1.25)
O vídeo presenta unha investigación insuficiente, con escasa ou nula utilización de fontes fiables e sen citalas correctamente. (0.50)
Presentación
O vídeo ten unha excelente calidade visual e auditiva, cunha edición e produción profesional. (2.5)
O vídeo ten unha boa calidade visual e auditiva, cunha edición e produción adecuada. (1.75)
O vídeo presenta unha calidade aceptable en canto ao visual e auditivo, aínda que podería mellorar a edición e produción. (1.50)
O vídeo mostra deficiencias na calidade visual e auditiva, cunha edición e produción pouco coidada. (1.25)
O vídeo ten unha calidade visual e auditiva moi deficiente, con problemas graves na edición e produción. (0.50)
Creatividade
O vídeo mostra un enfoque orixinal e creativo na presentación dos contidos, utilizando recursos visuais e auditivos de maneira innovadora. (2.5)
O vídeo demostra certa orixinalidade e creatividade na presentación dos contidos, utilizando recursos visuais e auditivos de forma efectiva. (1.75)
O vídeo presenta algunhas ideas orixinais e creativas na presentación dos contidos, aínda que podería incorporar máis recursos visuais e auditivos de maneira innovadora. (1.50)
O vídeo mostra falta de orixinalidade e creatividade na presentación dos contidos, con poucos recursos visuais e auditivos. (1.25)
O vídeo mostra falta de orixinalidade e creatividade na presentación dos contidos, con poucos recursos visuais e auditivos. (0.50)
As guías son un instrumento moi útil para promover e dar a coñecer ao público as nosas pezas, ademais de ensinar como as coidamos e coñecemos. Por ese motivo a información que se mostra nelas ten que ser útil para dar a coñecer a nosa Historia máis remota.
Lembrade que, aínda que estamos na era da intelixencia artificial, non podemos esquecernos do papel, así que teredes que pensar nos dous formatos para elaborardes a vosa guía.
Actividade grupal C: creamos a guía
As persoas que formades o grupo tedes que ter en conta os elementos seguintes para deseñar a guía:
- Ter uns obxectivos. Teñen que ser claros e específicos. Por exemplo: organizar a exposición por pezas ou por épocas.
- Definir o concepto da guía. Por exemplo, pódese organizar a explicación a través dun determinado obxecto.
- Ter en conta o público que visite a exposición. Hai que tratar de espertar o seu interese.
- Definir o orzamento e os medios. Falade co voso centro para que vos axude a concretalos.
- Establecer a responsabilidade de cada membro do grupo nas distintas fases de confección da guía.
- Realizar unha investigación previa: tedes que coñecer ben o material que ides mostrar.
- Prever o deseño e mais a montaxe. A guía ten que ser rigorosa e atractiva para todo o mundo. Ademais, hai que facela tanto en papel coma en formato dixital. Lembrade que vos visitarán persoas de todas as idades!
- Lembrar o márketing e reparto. Cando se remata o traballo, hai que darlle difusión!
Lectura facilitada
As guías son un instrumento moi útil para promover unha exposición.
A través delas daremos a coñecer as nosas pezas.
Tamén ensinaremos como as debemos coidar.
Por iso ten que se útil a información da guía.
Daremos a coñecer a nosa Historia máis remota.
A guía terá que ter unha versión dixital.
Pero non podemos esquecer o papel.
Teremos que facer dúas versións da guía para que haxa unha dixital e outra en papel.
Actividade grupal C: creamos a guía
Para deseñar a guía os que formades o grupo debedes:
- Que obxectivos temos?.
Deben ser claros.
Por exemplo, organizar a exposición por épocas.
- Como será a guía?.
Pódese escoller un obxecto para organizar a guía.
- Que público terá a exposición?
Temos que saber quen virá á exposición.
Sabelo fará que poidamos espertar o seu interese.
- Que medios teremos?.
É importante saber se hai diñeiro para montar a exposición.
Tamén que medios teremos.
Falade co voso centro para que vos axude.
- Que responsabilidade ten cada un?.
É importante repartir o traballo entre as persoas do grupo.
Cada un ten que facer algo para que todo saia ben.
- Que sabemos?
Hai que investigar antes de facer a guía.
É importante coñecer ben o que se quere mostrar.
- Como será a guía e a exposición?
A guía ten que ser rigorosa.
Iso significa que todos os datos sexan verdadeiros.
Ademais, ten que ser atractiva para todo o mundo.
Lembrade facela tanto en papel coma dixital.
Tede en conta que vos visitarán persoas de todas as idades!
- Como a difundiredes?.
É importante dar a coñecer todo o traballo que fixestes.
Esmeráronse de forma especial no deseño da portada, que consta do nome da exposición acompañado dun slogan moi suxestivo e atractivo. (2)
Coidouse o deseño da portada, no que aparece o nome da exposición acompañado dun slogan suxestivo e atractivo. (1.50)
Non se prestou demasiada atención no deseño da portada nin ao nome da exposición, que non aparece acompañado dun slogan suxestivo e atractivo. (1)
A guía carece de portada ou non se prestou ningunha atención ao seu deseño. (0.50)
Elementos gráficos
Os elementos gráficos foron seleccionados con gran acerto. (2)
A guía aparece acompañada dalgúns elementos gráficos seleccionados con bastante acerto. (1.50)
Os elementos gráficos que acompañan a guía non son suficientes en cantidade ou calidade. (1)
A guía carece de elementos gráficos ou os que aparecen non achegan apenas nada ao texto ao que acompañan. (0.50)
Presentación
A tipografía empregada é adecuada e lexible e o deseño xeral é moi atractivo. (2)
A tipografía empregada é correcta e lexible, respéctanse as marxes e a presentación, en xeral, está coidada. (1.50)
A tipografía non é demasiado adecuada ou non se respectan as marxes. En xeral, a presentación non está ben coidada. (1)
A presentación é descoidada, cunha tipografía pouco adecuada e non se respectan as marxes. (0.50)
Redacción
O texto está redactado con sumo coidado, con coherencia, cohesión e adecuación lingüística. (2)
O texto está redactado con bastante coidado, con coherencia, cohesión e adecuación lingüística. (1.50)
O texto está redactado con certo descoido e aprécianse nel problemas de coherencia, cohesión ou adecuación lingüística. (1)
Non se prestou ningunha atención na redacción do texto que aparece na guía, de tal maneira que existen problemas serios que afectan a coherencia, a cohesión ou a adecuación lingüísticas. (0.50)
Corrección lingüística
Non se aprecian erros ortográficos, morfosintácticos nin de puntuación. (2)
Aparecen un ou dous erros ortográficos, morfosintácticos ou de puntuación. (1.50)
Aparecen tres ou catro erros ortográficos, morfosintácticos ou de puntuación. (1)
Aparecen cinco ou máis erros ortográficos, morfosintácticos ou de puntuación. (0.50)