Saltar navegación

3.5. Chegou o momento de expoñer

Escollemos a exposición

Organizando

Agora xa coñecedes as diferentes etapas da Prehistoria e datastes os obxectos atopados nas caixas.

É o momento de decidir que tipo de exposición faredes. Tedes algunha idea sobre os distintos tipos de exposicións históricas que existen?

A continuación veredes algúns exemplos que vos traen Elba e Paco.

 

Lectura facilitada

Agora xa coñecedes as diferentes etapas da Prehistoria.

Tamén puidester datar os obxectos atopados nas caixas.

É o momento de decidir que tipo de exposición faredes.

Sabedes que tipos de exposicións históricas hai?

Elba e Paco tráenvos algúns exemplos.

Tipos de exposicións

Réplicas ou copias de obras destacadas 

Réplicas, como as das covas de Altamira ou Lascaux. Cun criterio científico, recrearemos os espazos, as técnicas e os obxectos empregados na Prehistoria para mostrar como vivían as persoas que realizaron os orixinais destas reproducións.

Parque arqueolóxico

Parques arqueolóxicos como o de Campo Lameiro. Nun espazo do centro podedes planificar unha zona arqueolóxica para que a comunidade educativa e o público xeral goce dela.

Museo Arqueolóxico

Un museo arqueolóxico como o Museo Arqueolóxico Nacional ou calquera dos de Galicia. Podedes organizar no centro unha sala de exposición para exhibir os obxectos arqueolóxicos das vosas caixas. 

Aplicación das novas tecnoloxías

Empréganse as novas tecnoloxías na reconstrución de fósiles e de todo tipo de obxectos e útiles da Prehistoria. Tamén son útiles para montar unha exposición interactiva. Podedes utilizar os Polos Creativos do voso centro para facerdes as vosas propias réplicas para a exposición ou facilitar información das pezas a través dos códigos QR.  

Organizar unha festa de recreación sobre a Prehistoria

Podedes organizar unha festa de recreación da Prehistoria na que combinedes o lúdico co científico. Que tal se neste curso organizamos un entroido prehistórico? Ou uns xogos "paleolímpicos"! E unhas xornadas gastronómicas?

Lectura facilitada

Réplicas ou copias de obras destacadas 

Como as das covas de Altamira ou Lascaux.

Recrearemos os espazos e as técnicas con criterios científicos.

Tamén recrearemos os obxectos empregados na Prehistoria.

Esas reproducións servirán para mostrar como vivían as persoas que realizaron os orixinais..

Parque arqueolóxico

Un exemplo en Galicia é o de Campo Lameiro.

No centro podedes planificar unha zona arqueolóxica.

Esa zona poderaa gozar a comunidade educativa e o público xeral .

Museo Arqueolóxico

Un exemplo é o Museo Arqueolóxico Nacional ou calquera dos de Galicia.

Podedes organizar no centro unha sala de exposición.

Nesa sala exhibiredes os obxectos arqueolóxicos das vosas caixas.

Aplicación das novas tecnoloxías

As novas tecnoloxías empréganse para reconstruír fósiles, obxectos e útiles da Prehistoria.

Tamén serven para montar unha exposición interactiva.

Podedes utilizar os Polos Creativos do voso centro.

Aí faredes as vosas propias réplicas para a exposición.

Tamén podedes facilitar información das pezas a través dos códigos QR.

Organizar unha festa de recreación sobre a Prehistoria

Na festa pódese combinar a ciencia coa diversión.

Que tal se neste curso organizamos un entroido prehistórico?

Ou uns xogos "paleolímpicos"!

E unhas xornadas gastronómicas?

Reflexionade

Agora que xa coñecedes moitas cousas sobre a Prehistoria, e tamén coñecedes os diferentes tipos de exposicións que se poderían organizar, reflexionade por grupos e decidide o tipo de exposición que levaredes a cabo.

Lectura facilitada

Agora xa coñecedes moitas cousas sobre a Prehistoria.

Tamén coñecedes os diferentes tipos de exposicións que se poderían organizar.

Reflexionade por grupos.

E decidide que tipo de exposición levaredes a cabo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)