O voso diario

Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1, "Por fin chegaron as caixas", e completa todos os apartados relacionados.
Nesta fase tes que ter moi claro o obxectivo do reto. O que queredes facer é coñecer un pouco máis sobre a Prehistoria a través da organización e da montaxe dunha exposición no centro.
Para iso, necesitamos que reflexiones cunha serie de preguntas. Dedícalle o tempo necesario para pensar antes de escribir!
Reflexiona en común e plásmao no teu diario.
Lectura facilitada
Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1, "Por fin chegaron as caixas"
Completa todos os apartados relacionados da fase 1.
Nesta fase tes que ter claro o obxectivo do noso reto.
O obxectivo é coñecer un pouco máis sobre a Prehistoria.
Para conseguilo organizaredes unha exposición no centro.
Dedícalle o tempo necesario para pensar antes de escribir!
Reflexiona en común e plásmao no teu diario.