Saltar navegación

5. Velaquí a vosa exposición

O profe Paco

O obxectivo desta fase do reto é dedicar uns minutos a reflexionar e debater sobre o aprendido: sobre as cousas que saíron moi ben e tamén sobre aquelas nas que houbo dificultades ou que non saíron como estaba previsto.

É importante que fagades unha valoración do proceso e da vosa experiencia neste reto de coñecer a Prehistoria a través dunha exposición.

Talvez no futuro moitos e moitas de vós queirades ser arqueólogas e arqueólogos como Elba, ou estudar Historia como o profesor Paco.



Lectura facilitada

O obxectivo desta fase é reflexionar sobre o que aprendestes.

Tamén debater sobre as cousas que saíron moi ben.

E tamén sobre as dificultades que encontrastes.

Sempre hai cousas que non saen como estaba previsto.

É importante facer unha valoración do proceso.

Como foi a experiencia de coñecer a Prehistoria a través dunha exposición?

Talvez no futuro quereredes estudar arqueoloxía.

Así podederes ser arqueólogas e arqueólogos como Elba.

Ou tamén podedes estudar Historia como o profesor Paco.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)