Glosario
Economía predadora
-
Definición:
-
Conxunto de actividades humanas propias do Paleolítico, como a recolleita (de froitos, sementes e raíces), a caza e a pesca. De aí que a poboación fora nómade e cambiase de territorio en función dos recursos dispoñibles.
-
Exemplo:
-
A caza é unha actividade humana predadora.
Economía produtora
-
Definición:
-
Tipo de economía que xorde no Neolítico. Nela desenvólvense actividades humanas relacionadas coa produción, como a agricultura, a gandaría e o intercambio de bens. Isto supuxo que o ser humano se fixese sedentario. Iníciase a especialización nas tarefas e aparecen as diferenzas sociais.
-
Exemplo:
-
A economía produtora contribúe a transformar o medio.
O descubrimento da 