Glosario
Fontes históricas
-
Definición:
-
Todo obxecto, debuxo ou documento que nos permita coñecer algún aspecto da Historia da humanidade.
-
Exemplo:
-
O cranio de Miguelón en Atapuerca é unha fonte histórica.
Idade dos Metais
-
Definición:
-
Última etapa da Prehistoria. Vai desde o desenvolvemento da metalurxia (fabricación de obxectos en metal), arredor do 5.000 a. C., ata aproximadamente o ano 1.000 a. C. Divídese en tres períodos: Idade de Cobre, Idade de Bronce e Idade de Ferro.
-
Exemplo:
-
A Idade dos Metais é unha das etapas da Prehistoria.
Neolítico
-
Definición:
-
Etapa da Prehistoria posterior ao Paleolítico. Vai desde o desenvolvemento da agricultura e a gandaría (arredor do 10.000 a. C.) ata a invención da metalurxia (arredor do 5000 a. C.). Nesta época os seres humanos produciron os seus propios alimentos e fixéronse sedentarios. As ferramentas perfeccionáronse.
-
Exemplo:
-
No Neolítico os útiles son máis precisos.
Paleolítico
-
Definición:
-
Primeira das etapas da Prehistoria. Vai desde hai uns 4 m. a. (millóns de anos) ata aproximadamente o 10.000 a. C. Nela os nosos antepasados fabricaron os primeiros útiles de pedra. Fixérono golpeando as pedras unhas contra as outras, ata conseguiren a forma desexada.
-
Exemplo:
-
As pinturas de Altamira son do Paleolítico.