Planifica unha investigación

Todos os obxectos dos que dispoñedes para a vosa exposición foron previamente atopados e estudados en xacementos arqueolóxicos. Nas escavacións destes xacementos traballan equipos de diversas persoas investigadoras.
A nosa arqueóloga Elba vai axudar a coñecer que pasos se seguen nunha prospección arqueolóxica. Pulsade no botón "Paso a paso"!
Lectura facilitada
Todos os obxectos da vosa exposición atopáronse en xacementos arqueolóxicos.
Despois estudáronse.
Nesas escavacións traballan equipos de persoas investigadoras.
Sabes que se fai nunha escavación arqueolóxica?
A nosa arqueóloga Elba axudarache a sabelo.
Preme no botón "Paso a paso"!
Audio
Paso a paso
| Paso a paso |
|
|
Paso 1 Planificación do traballo
|
Antes de ir ao xacemento, debuxamos uns planos da zona que imos traballar, definimos ata onde queremos escavar e que métodos son os máis axeitados para esa escavación. |
Paso 2 Traballo de campo |
Xa estamos no xacemento.O noso equipo conta cun arqueólogo e unha arqueóloga, ademais dun equipo técnico de apoio no que hai un topógrafo ou unha topógrafa e un restaurador ou unha restauradora. O obxectivo é estudar en detalle os diferentes estratos. |
|
Paso 3 Investigamos no laboratorio |
Aquí é moi importante o uso doutras ciencias auxiliares que permiten sacar moita información dos restos. - QUÍMICA: podemos saber a que período pertencen os restos analizados. Temos varios métodos de datación, como o carbono 14, o paleomagnetismo ou a análise de isótopos. Aquí tes un exemplo. - XENÉTICA: estudando o ADN dos restos fósiles podemos identificar características como o sexo ou outros aspectos dos restos arqueolóxicos atopados. Tamén podemos identificar a especie e detectar a hibridación entre grupos diferentes, como no caso de sapiens e neandertais! -ANTROPOLOXÍA: moitas veces podemos coñecer mellor o pasado a través da comparación con culturas contemporáneas. Agora xa tes máis datos para reconstruír o noso pasado. Emocionante, non si? |