Saltar navegación

4.1. Últimos detalles

Todo evento social, cultural ou lúdico ten que planificarse con coidado, para evitar problemas que dificulten gozalo unha vez organizado. Imaxinade que nos atrevemos a montar a nosa exposición sen unha organización previa... Que podería pasar?

A continuación dámosvos algunhas recomendacións que debedes seguir en canto á organización e desenvolvemento do evento:

Aspectos a ter en conta na montaxe da exposición

Obxectos

da exposición

Identificalos.

Datalos.

Indicar que características teñen a través dunhas breves e sinxelas fichas de catalogación. Contamos coa axuda de Elba e Paco.

Seleccionalos.

Evitar que reciban calquera dano na montaxe.

Espazo

da exposición 

Buscamos, coa axuda do profesorado, o lugar idóneo no centro (luz, humidade, ventilación) para exhibir as pezas. 

Tomamos as medidas de seguridade necesarias. 

Necesitades axuda externa como alarmas ou gardas de seguridade?

Horarios

Cal será a franxa horaria da exposición? Tede en conta que estamos nun centro educativo.

Canto tempo durará a exposición?

Pechará as fins de semana?

Público 

A que tipo de público nos diriximos?

Cal será o número máximo de visitantes por día? 

Cantos visitantes caben no espazo da exposición?

Roles dentro da exposición

Que roles teredes as persoas organizadoras? Guías, vixiantes...

Cales son as funcións específicas de cada persoa?

Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras?

Os roles serán rotativos?

Uso das TICs

Que grao de competencia dixital tedes?

Necesitades axuda do profesorado?

Que medios tedes?

Promoción

Cando e a través de que medios?

Custo económico

Quen se fará cargo dos gastos que xurdan durante o reto?

Avaliación 

Que aspectos podemos mellorar? 

Cales son os mellores instrumentos de avaliación?

Se xa tedes claro isto, é o momento de comezar.

Para rematar esta sesión debedes preparar o espazo e facer unha simulación entre vós.

Lectura facilitada

Os eventos teñen que planificarse con coidado.

Tamén os eventos sociais, culturais ou lúdicos.

Así evítanse problemas que dificulten gozalos.

Imaxinades montar unha exposición que nos atrevemos a montar a nosa exposición sen unha organización previa.

Que podería pasar?

Dámosvos algunhas recomendacións para organizar o evento.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)