Cada un dos restos dos seres orgánicos (animais ou vexetais) do pasado remoto. Xeralmente aparecen enterrados.
Exemplo:
En Atapuerca atopáronse importantes fósiles para datar a Prehistoria europea.
Hominización
Definición:
Proceso biolóxico e cultural que deu lugar á formación da especie humana a partir de formas de homínidos ancestrais.
Exemplo:
O ser humano actual é o resultado dun longo proceso de hominización.
Os homínidos
Que tal se coñecedes un pouco mellor a quen pertencían os obxectos da nosa exposición?
Preguntástesvos algunha vez como eran os primeiros seres humanos? Onde se atoparon os fósiles máis antigos? Que dirías que é o que nos fai humanos?
As primeiras explicacións científicas sobre as nosas orixes apareceron a mediados do século XIX e ao longo dos séculos XX e XXI.
O descubrimento de novos fósiles axudounos a coñecer cada vez mellor o proceso de hominización. A evolución humana é un proceso moi longo e complexo no que existiron diversas especies ata chegar á actualidade.
Podes aprender máis sobre a evolución premendo no vídeo:
Lectura facilitada
Queres saber de quen eran os obxectos da nosa exposición?
Sabes como eran os primeiros seres humanos?
Sabes onde se atoparon os fósiles máis antigos?
Que cres que é o que nos fai humanos?
As primeiras explicacións científicas sobre as nosas orixes apareceron hai 150 anos.
Co descubrimento de novos fósiles coñecemos cada vez mellor o proceso de hominización.
A evolución humana é un proceso moi longo e complexo.
Antes da nosa especie houbo outras.
Podes aprender máis sobre a evolución premendo no vídeo do REA.
Audio
Vídeo
De acordo coa teoría da evolución, o ser humano sería un primate máis:
Preme para ver o documento
Na seguinte actividade debes poñer en práctica os teus coñecementos sobre a hominización.
Ciencia ou crenza
Diferencia as teorías máis destacadas sobre a orixe humana. Identifica cales están apoiadas na ciencia e cales na relixión ou na mitoloxía.