O voso diario

Despois de moitas semanas de traballo, estamos na Fase 4, "A nosa exposición". Lograstes realizar o voso reto coa axuda do profe Paco e de Elba, a nosa arqueóloga de referencia.
Aprendestes a traballar en equipo, o que vos axudará a todos e a todas a mellorar en diferentes aspectos, no só no académico, senón tamén ao longo da vosa vida.
Pero é importante que avaliedes o traballo realizado neste proceso. Accede ao diario de aprendizaxe e cubre a fase 4.
Lectura facilitada
Chegastes á Fase 4, "A nosa exposición".
Chegastes aquí despois de moitas semanas de traballo.
Lograstes realizar o reto coa axuda do profe Paco e de Elba, a nosa arqueóloga de referencia.
Aprendestes a traballar en equipo.
Traballar en equipo axudaravos a mellorar en diferentes aspectos.
Axudaravos a nivel académico e tamén ao longo da vosa vida.
É importante que avaliedes o traballo realizado neste proceso.