A exposición
Agora que refrescastes os vosos coñecementos xa podedes dar os primeiros pasos cara a vosa exposición.
Imos a eito!
Estades listos e listas para converter o voso centro nun pequeno museo da Prehistoria?
Temos un montón de material para amosar esta etapa aos vosos compañeiros e compañeiras. Xa só vos queda organizalo ben para que axude a coñecer mellor as diferentes etapas e características da Prehistoria.
Unha vez que saibades organizar os obxectos, poderedes decidir como queredes presentar a vosa actividade e que tipo de exposición ides facer no centro.
Para planificar o voso traballo podedes pensar nalgunha das exposicións que coñecedes. Por exemplo, podedes facer unha visita virtual a un museo sobre a Prehistoria.
Lectura facilitada
Refrescastes os vosos coñecementos.
Xa podedes dar os primeiros pasos cara a vosa exposición.
Imos a eito!
Estades listos e listas para converter o voso centro nun pequeno museo da Prehistoria?
Temos un montón de material para amosar desta etapa aos vosos compañeiros e compañeiras.
Xa só vos queda organizalo ben.
Para coñecer mellor as diferentes etapas e características da Prehistoria.
E decidir que tipo de exposición ides facer no centro.
Para planificala pensade nalgunha das exposicións que coñecedes.
Por exemplo, facede unha visita virtual a un museo sobre a Prehistoria no enlace do REA.