Glosario
Historia
-
Definición:
-
Ciencia que estuda o pasado da humanidade a partir de distintas fontes. Tamén é a etapa que vai desde a aparición da escritura (arredor do 3.500 a. C.) ata a actualidade.
-
Exemplo:
-
A historia da humanidade divídese en diferentes etapas.
Prehistoria
-
Definición:
-
Etapa da Historia que vai desde a aparición dos primeiros seres humanos, hai 4 millóns de anos (m. a.), ata a invención da escritura (arredor do 3.500 a. C.).
-
Exemplo:
-
A Prehistoria é a etapa da Historia de maior duración.