Saltar navegación

5.2. Valora

 

Glosario

Autoavaliación

Pictograma de avaliación

Definición:

Valoración do traballo feito por un mesmo.

Exemplo:

Fixen unha autoavaliación do meu traballo nas clases de EF.

Coavaliación

Pictograma de compartir unha idea

Definición:

Valorar aos compañeiros e compañeiras nun traballo.

Exemplo:

A coavaliación serve para comentar o traballo dos compañeiros de equipo.

Rúbrica

Pictograma que representa unha rúbrica

Definición:

É unha táboa na que se valora o nivel de logro das aprendizaxes e traballos feitos feitos polo alumnado. 

Exemplo:

Fixemos unha rúbrica sobre o que aprendimos das capacidades físicas básicas.

A túa autoavaliación

Durante estas clases, aprendiches a coidar a túa saúde e a do teu círculo formándote sobre alimentación, hixiene, descanso, primeiros auxilios e un montón de cousas máis. Estas aprendizaxes, servíronche para tecer o Plan perfecto, axudando á sociedade a non caer nos malos hábitos. De todas formas, todo plan chega ao seu fin e, neste caso, non pode ser doutra maneira. Neste apartado valorarás a túa propia aprendizaxe para así saber se pagou a pena desenvolver e poñer en práctica o noso plan.

A continuación, podes descargar a ficha de avaliación no formato que precises para cubrila:

Lectura facilitada

Durante estas clases aprendiches a coidar a túa saúde e a do teu círculo.

Formándote sobre alimentación, hixiene, descanso, primeiros auxilios...

Estas aprendizaxes, servíronche para tecer o Plan Perfecto.

Axudando á sociedade a non caer nos malos hábitos. 

Neste apartado valorarás a túa propia aprendizaxe.

Saberás se pagou a pena desenvolver e poñer en práctica o noso plan. 

Descarga a ficha de avaliación no formato que precises para cubrila:

Rúbrica de coavaliación

É momento de valorar o traballo realizado en equipo. Para facelo, debes empregar a seguinte rúbrica, na que valorarás tanto aspectos relacionados coas sesións desenvolvidas como en relación ao Plan perfecto que deseñaches en conxunto. Elixe unha puntuación, en función do nivel que cres que acadaches, para cada un dos aspectos que se contemplan na rúbrica.

Rúbrica do traballo en equipo
 Fixémolo xenial porque...Fixémolo bastante ben porque...Custounos un pouco porque...Temos que mellorar porque...
Retos CooperativosConseguimos todos os retos participando todos os integrantes do equipo (1)Conseguimos case todos os retos participando todos os integrantes do equipo (0.75)Nalgúns dos retos tivemos dificultades para poñernos de acordo (0.50)Discutimos durante a realización dos retos e non fomos capaces de superalos (0.25)
AlimentaciónComprendemos sen dificultade a composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (2)Temos unha idea xeral da composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (1.75)Temos algunha dificultade para comprender a composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (1.25)Non comprendemos a composición dos macronutrientes presentes nos alimentos, os grupos e tipos de alimentos que existen, así como as proporcións saudables que deben ir nos pratos que consumimos (0.75)
BenestarComprendemos sen dificultade aqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (2)Temos unha idea xeral daqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (1.75)Temos algunha dificultade para identificar e comprender aqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (1.25)Non somos capaces de comprender nin identificar aqueles aspectos que afectan positivamente no noso benestar (social, mental e físico). (0.75)
Primeiros AuxiliosComprendemos e somos capaces de levar a cabo sen dificultade técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (2)Temos unha idea xeral de como de levar a cabo técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (1.75)Temos algunha dificultade para levar a cabo técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (1.25)Non somos capaces de levar a cabo técnicas básicas de primeiros auxilios como a Posición Lateral de Seguridade ou a secuencia PAS (Protexer, Avisar e Socorrer). (0.75)
HixieneComprendemos sen dificultade a importancia dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde. (2)Temos unha idea xeral sobre a importancia dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde (1.75)Temos algunha dificultade para comprender a importancia dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde (1.25)Non somos capaces de comprender a importancia, nin de identificar as actividades básicas dunha boa rutina de hixiene persoal e do sono para a nosa saúde (0.75)
Elaboración do Plan PerfectoSeguimos as indicacións da guía e tocamos todos os hábitos necesarios (1)Seguimos as indicacións da guía e tocamos bastantes hábitos saudables (0.75)Faltáronnos varios hábitos saudables por incluír no plan (0.50)Non empregamos a guía de elaboración e non rematamos o plan (0.25)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)