Saltar navegación

1.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Ao finalizar cada fase terás que cubrir o diario de aprendizaxe e reflexionar sobre o aprendido. No seguinte enlace explícase detalladamente que é este documento e en que consiste:

Que é un diario de aprendizaxe?

Como nesta fase descubriches cal é o reto e os obxectivos que vas acadar, para comezar o teu diario, debes responder cuestións relacionadas con estes aspectos: cres que o reto é interesante e motivador? por que?...

Utilizar o diario de aprendizaxe correctamente axudarache a aprender mellor o que estás a traballar e a poder resolver as dificultades que poidas atopar durante o reto.

Lectura facilitada

Agora toca escribir no Diario de aprendizaxe.

Busca no teu diario a páxina da fase 1 e completa o apartado.

Pensa antes de responder e reflexiona sobre o que aprendiches e sobre o traballo en equipo, 

non teñas medo a dicir o que opinas.

Utilizar o diario de aprendizaxe axudarache a aprender mellor o que estás a traballar.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)