Saltar navegación

Fío azul

Tira do fío...

Debuxo do fío azul

Hixiene do sono! Mellora a túa saúde coidando o sono e o descanso.

Hixiene do sono

Pictograma que representa unha persoa durmindo nunha cama e cun reloxo ao lado que marca as horas recomendadasA hixiene do sono ten que ver co que facemos para durmir ben pero, sobre todo, para descansar ben. Se non hai un bo descanso, vainos afectar tanto a nivel físico como mental. Estaremos cansos, con falta de enerxía, máis tensos e irascibles... Pero tamén vai afectar a nosa memoria, a nosa atención e a nosa aprendizaxe.

Hai unha serie de rutinas e hábitos que axudan a descansar máis e mellor:

As horas

Tentar manter as mesmas horas para deitarse e levantarse, incluso as fins de semana e nas vacacións.

Ambiente axeitado

Manter unha temperatura adecuada, evitar os ruídos, ter unha cama cómoda e unha boa almofada...

As comidas

Facer unha cea lixeira e, como mínimo, dúas horas antes de ir durmir.

Uso de dispositivos

Non utilizar o móbil, a tablet ou o ordenador como mínimo dúas horas antes de deitarse.

Actividades relaxantes

Ducharse, escoitar música tranquila ou ler, axudan a relaxarse para conciliar o sono.

Actividade física

Axuda ao descanso, pero mellor non facela intensamente a última hora do día, senón pola mañá ou pola tarde.

Lectura facilitada

A hixiene do sono é todo o que facemos para durmir mellor e para descansar ben.

Se non descansamos ben, o corpo e a mente nótano.

Podemos sentirnos:

cansos,
con pouca enerxía,
nerviosos ou enfadados.

Tamén nos custa máis:

aprender,
lembrar cousas,
prestar atención.


Aquí tes algúns hábitos que nos axudan a durmir mellor:

Ir para a cama e levantarse sempre á mesma hora.

Durmir nun lugar tranquilo e cómodo.
Con boa temperatura, sen ruído, boa cama e boa almofada.

Cear algo lixeiro, e facelo polo menos 2 horas antes de durmir.

Non usar o móbil, a tablet ou o ordenador nas 2 horas antes de deitarse.

Facer cousas que axudan a relaxarse antes de durmir, como:

ducharse,
escoitar música tranquila,
ler un libro.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)