Desafíos de moitas cores
Como xa viches dende que comezamos, Ben Star vainos guiando cara á información válida para tecer un bo plan. Pero agora, para conseguir a información que necesitas para superar o reto final, vas ter que traballar co teu equipo e superar uns DESA-FÍOS FÍSICOS COOPERATIVOS.
As seguintes clases, van ser totalmente prácticas, con moita actividade física e co voso equipo cooperativo. Tedes que traballar xuntos e xuntas, adaptando cada desafío ás vosas características e capacidades. Todos tedes que conseguir superalos. Esa vai ser a clave do éxito: "Xuntos, sempre mellor"
Teredes desafíos de cores diferentes, como os fíos que vos foi dando Ben Star:
- DESA-FÍO VERMELLO: situacións e retos relacionados co benestar persoal e os primeiros auxilios.
- DESA-FÍO VERDE: xogos e retos relacionados coa alimentación saudable.
- DESA-FÍO AMARELO: relacionado coa hixiene persoal e postural.
- DESA-FÍO AZUL: relacionado coa hixiene do sono.
Se superades todos os desafíos propostos, disporedes de toda a información necesaria e conseguiredes o reto final. Ánimo e a por todas!
Lectura facilitada
Ben Star estivo axudándovos
a atopar información boa
para facer un plan saudable.
Agora chega un novo reto.
Para conseguir toda a información
e gañar o reto final,
tedes que traballar en equipo
e superar uns desafíos físicos cooperativos.
Nas próximas clases, faremos moita actividade física.
Traballaredes sempre co voso equipo cooperativo.
Tedes que axudarvos uns aos outros
e adaptar os xogos ás capacidades de cada persoa.
O importante é que todas as persoas do equipo consigan superar os retos.
Hai desafíos de diferentes cores.
Cada cor representa un tema distinto:
Desa-fío vermello:
Actividades sobre o benestar persoal e os primeiros auxilios.
Desa-fío verde:
Xogos e probas sobre a alimentación saudable.
Desa-fío amarelo:
Actividades sobre a hixiene persoal e postural.
Desa-fío azul:
Probas sobre a hixiene do sono.
Se superades todos os desafíos,
conseguiredes toda a información que precisades
e estaredes listos para o reto final.
Ánimo! A por todas!