Saltar navegación

1.4. Paso a paso

Puntada a puntada

Debuxo de Ben Star nun camiño co seu comezo e o seu fin.

Para chegar a acadar o reto vas ter que seguir os seguintes pasos:

Na fase 1: Vas ver a importancia da túa misión e cales son os obxectivos que vas poder conseguir.

Na fase 2: Vai ser o momento de atar cabos. Vas ter diferentes pistas para ir vendo o que sabes e o que non.

Na fase 3: Vas ter tal maraña de fíos dos que tirar, que vas alucinar. E como o traballo en equipo é a clave do éxito... Vas ter que superar un montón de desa-fíos físicos cooperativos en equipo.

Na fase 4: Con todos eses fíos, teceredes o voso plan perfecto. Elixiredes o formato que queirades (podcast, vídeo, fotos, folleto...). Despois, ides ter que adaptar o plan xeral ás características da vosa familia. 

Na fase 5: Compartiredes o plan co resto da clase e tamén co resto da comunidade educativa. Ademais avaliaredes o voso traballo e o do voso equipo. E remataremos cunha reflexión conxunta sobre todo o aprendido.

Lectura facilitada

Vas ter que seguir os seguintes pasos:

Na fase 1: Cales son os obxectivos que vas poder conseguir.

Na fase 2: Vas ter diferentes pistas para ver o que sabes e o que non.

Na fase 3: Vas ter que superar un montón de desafíos físicos cooperativos en equipo.

Na fase 4: Ides ter que elixir o formato no que ides presentar o reto. Despois, tes que adaptalo ás características da túa familia. 

Na fase 5: Compartiredes o plan xeral co resto da clase, e co resto da comunidade educativa. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)