Saltar navegación

4.4. Diario de aprendizaxe

Completa o teu diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Nesta fase fixeches as túas achegas para elaborar o Plan perfecto no que se recolleron aquelas recomendacións a seguir sobre os hábitos saudables aprendidos ao longo das distintas fases.

Para a creación dese plan cada participante achegou o seu gran de area. Ese plan difundirase co resto da comunidade educativa co fin de fomentar os hábitos de vida saudables. Sobre este traballo de elaboración e a súa utilidade, deberás reflexionar no teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Xa fixeches as túas achegas para elaborar o ¨Plan perfecto¨

no que se recolleron recomendacións a seguir sobre os hábitos saudables aprendidos.

Para a creación dese ¨Plan perfecto¨ cada participante achegou o seu gran de area.

Ese plan difundirase co resto da comunidade educativ.

Sobre este traballo deberás reflexionar no teu diario de aprendizaxe.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)