Letras iniciais dun conxunto de palabras que gardan relación entre si.
Exemplo:
Un exemplo de sigla: OMS (Organización Mundial da Saúde).
Manobra
Definición:
Utilizar as mans para manipular algo.
Exemplo:
Salvou á persoa grazas a monobra de Heimlich.
Vía aérea
Definición:
Conxunto de condutos a través dos cales se realiza a respiración.
Exemplo:
Cando se bucea non se pode respirar polo bloqueo da auga nas vías aéreas.
Tira do fío...
Primeiros auxilios! Aprende a coidar da saúde dos demais a través da conduta PAS que verás a continuación e a Posición Lateral de Seguridade.
Audio
Siglas que salvan vidas
Como xa viches no apartado 2.2. Máis vale previr que curar, é posible que nalgún momento da túa vida poidas atoparte nunha situación na que teñas que socorrer a alguén. Estar ben formado ou formada permitirache actuar correctamente e con seguridade.
As actuacións que se levan a cabo para axudar ás persoas accidentadas reciben o nome de primeiros auxilios e é moi importante ter uns coñecementos básicos sobre eles xa que poden contribuír a salvar vidas. Os protocolos de actuación baséanse no seguimento dunhas normas ou condutas coñecidas coas siglas PAS.
É o momento de mellorar o que sabes sobre os primeiros auxilios con actividades nas que descubrirás o significado das siglas PAS e PLS.
é posible que nalgún momento teñas que socorrer a alguén,
estar ben formado ou formada permitirache actuar do mellor xeito posible.
As actuacións para axudar á persoa accidentada chámanse primeiros auxilios.
É importante ter uns coñecementos básicos xa que poden contribuír a salvar vidas.
Os distintos protocolos seguen a conduta coñecidas coa sigla PAS (Protexer - Avisar - Socorrer).
Agora mellora os teus coñecementos coas seguintes actividades.
Audio
PAS (Protexer - Avisar - Socorrer)
Cando te atopes ante unha urxencia que requira a túa intervención, deberás seguir sempre os seguintes pasos:
CONDUTA PAS : (Protexer - Avisar - Socorrer)
Protexer: A persoa accidentada e a persoa que vai actuar para socorrela así coma o lugar dos feitos para evitar accidentes e perigos.
Avisar: A poder ser a unha persoa adulta e aos servizos de urxencias a través do número de urxencias xerais (112) ou ao número de urxencias sanitarias (061). Deberás dar información sobre o lugar do accidente, o tipo de accidente, o números de feridos e a súa situación e non cortar a comunicación ata que nolo indiquen.
Socorrer: A actuación debe ir enfocada a evitar que a persoa accidentada empeore, se mantemos a comunicación co servizo de emerxencia seguirase as pautas que vaian indicando.
Agora tócache actuar a ti ordenando os seguintes pasos a seguir ante unha urxencia:
A continuación tes un vídeo no que se explica como se debe realizar a Posición Lateral de Seguridade (PLS). Ao longo do mesmo verás distintas preguntas relacionadas sobre isto con distintas respostas das cales deberás escoller a verdadeira.